Carlos Celada, creatividade e sensibilidade
Carlos Celada, deseñador, fabricante e maiorista de bixutería fusiona creatividade e sensibilidade en todos os seus deseños.
A beiras da ría de Vigo, fronte ás illas Cíes, atópase o obradoiro de Carlos Celada. O seu traballo, sempre en evolución, baséase e constrúese a partir da conexión coa natureza que xorde dun paraxe inspirador, algo que se reflicte en toda a súa obra de bixutaría.
As súas coleccións CAMELIA, ORQUÍDEA, HORTENSIA e XAZMÍN son a consecuencia harmoniosa desa confluencia paisaxística, cun resultado que engade á creatividade do autor a súa sensibilidade ante os matices que ofrecen o mar, o ceo e a natureza que arrodean esta ría.






